Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.
O Parlamento de Galicia convocou a V edición do concurso escolar baixo a lenda "En busca da igualdade". A finalidade do concurso é fomentar, a través dos traballos propostos polos escolares, a defensa de valores tan importantes como a igualdade e a tolerancia, a necesidade de traballar para sensibilizarse, estimular actitudes e valores de igualdade, de solidariedade e de respecto.
No noso centro os/as alumnos/as de 3º e 4º de ESO realizaron dous estupendos vídeos nos que reflicten como vivimos no noso centro todos eses valores.
Desde aquí queremos dar as grazas aos rapaces e rapazas de 4º de primaria pola súa colaboración na elaboración do vídeo que realizaron as alumnas de 3º da ESO. Como unha imaxe vale máis que mil palabras... invitámosvos a que o vexades. Aquí vos quedan...
As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato
Publicar un comentario
Grazas pola túa opinión e por visitarnos.