Amosando publicacións coa etiqueta CPI VIRXE DA CELA: Actividades b>. Amosar todas as publicacións
O FEÍSMO
05:53:00Difundimos este proxecto de investigación sobre o "Feismo" proposto polo Departamento de Ciencias Sociais do CPI Virxe da Cela. O alumnado da ESO procurou exemplos arquitectónicos nas súas propias parroquias. O "feismo" é un termo informal e ambiguo empregado para caracterizar certo estilo construtivo do meido urbano e, especialmente, do medio rural galego.
CAMIÑO DE SANTIAGO
05:35:00
Queremos recomendar a visita a esta fabulosa exposición sobre o Camiño de Santiago. Está situada no segundo andar do edificio de secundaria, xunto diante da aula de informática. Neste espazo coidadosamente acondicionado e “tuneado” poderedes atopar un inmenso mapa que ilustra o itinerario do Camiño Francés por terras do norte da península, destacando os diferentes puntos de interese relixioso-artístico, así como unha mesa con gran cantidade e variedade de materiais explicativos (libros, folletos, revistas, etc). Incluso poderedes facer máis real a vosa “inmersión” polo Camiño de Santiago probando unha auténtica capa de peregrino, así como outros "accesorios": o sombreiro, o bastón ou báculo, a cuncha de vieira, a cabaza. Animádesvos??
Queremos dar os máis sinceros parabéns a Teresa Losada, profesora de CCSS na ESO, promotora desta iniciativa, e tamén a Yolanda Castro, profesora de Relixión na ESO, que tamén puxo o seu esforzo e interese, aportando diferentes materiais expostos e axudando á montaxe da exposición, para levar a cabo este proxecto.

INFORMATIVO POSITIVO NO CPI VIRXE DA CELA
14:10:00
O tempo voa na nosa redacción (Laboratorio Radiofónico con Lucía Abarretegui e Sergio Pascual) e a nosa radio recibe ós redactores de 5º e 6º de primaria. Con Informativo positivo o achegámonos á figura do editor, aquel que decide qué información entra no programa e, moi importante, en que orde. Para que todo vaia ben terá que facer traballo en equipo cos redactores e productores. Neste caso por levar á contraria ós informativos convencionais, facemos un boletín cheo de novas boas: "Solidariedade para os nenos con cancro", "Na agricultura participan as mulleres", "Aínda que pareza mentira os españois reciclan", e "A riqueza das familias aumentou".
TRAEMOS A VIDA Á ESCOLA
06:11:00
Despois de visitar o muíño de Calaza, despois de coñecer o “burro” sentimos a necesidade de buscar nas nosas casas aqueles aparellos, que hoxe en día xa quedaron obsoletos e que moitas veces nos resultan xa descoñecidos, incluso non sabemos xa o seu nome. Así os rapaces de quinto e sexto nos fomos de “caza” fotográfica… parte das nosas adquisicións se atopan nas diapositivas que seguen. Como sabemos, «o que non se coñece non se ama», e como nós amamos o noso terruño, e a nosa xente, o mellor que podemos facer é buscar o coñecemento do que nos pertence. Todos estes vestixios do pasado e tamén os sucesos do día a día, sonnos revelados polos nosos maiores e nós debemos facer de correa de transmisión e de gardiáns destes tesouros que nos conforman como sociedade cunhas características determinadas.
REFRÁNS E LENDAS: 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
06:08:00
Refráns 6º ep from satelite1
Dende a área de lingua galega plantexámonos unha recopilación de refráns, ditos e lendas da zona por parte dos rapaces de sexto valorando o patrimonio inmaterial da nosa sociedade. Os rapaces fan memoria daqueles refráns que escoitaron a miudo na casa e ilústranos ó tempo que ofrecen unha explicación do seu significado. Esta tarefa foi realizada por todos os alumnos. Sen embargo a recopilación de lendas costoulles máis traballo quedando apenas iniciada e terá a súa continuidade no vindeiro curso.
MAGOSTO
03:42:00
Outono. Os días van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse baixo un teito ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No noso colexio, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o acabe deixando no esquecemento.
Quixemos pois dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben queridas cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha pila de xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como podedes observar nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación infantil e educación primaria gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os xogos, non por sofisticados e tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e amenos, e que un simple lote de castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns globos, dan para pasar un par de horas do máis divertido!!!
Utilizamos como “pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e lembramos a nosa profe de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a cabo a iniciativa de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar permanentemente algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc,
ALGO TERRIBLE OCORRE NO CPI VIRXE DA CELA...
02:46:00
Este curso, con motivo do Samaín/Halloween, o alumnado do centro convertiu cada rincón, cada espazo.... nun horror... co obxecto de gañar un concurso no que se lles fará entrega dun recoñecemento escalofriante.
Nos corredores voan as pantasmas, na biblioteca resucitan aos mortos... Qué máis pode ocorrer?
O xoves 29, dous maquivélicos tribunais avaliadores valorarán qué grupos serán os gañadores de tan dura batalla forxada con esqueletos, teas de araña, morcegos, cabazas, bruxas....
Parabéns á nosa orientadora Verónica Del Río, quen foi quen de mobilizar a todo o CPI Virxe da Cela para celebrar o Samaín máis terrorífico na historia da nosa escola… Non queremos esquecer, por suposto, toda a colaboración ofrecida desde o Departamento de Plástica, así como dos titores/ras, xa que sen o seu apoio esta proposta non tería a magnitude que chegou a alcanzar. Mais, os auténticos protagonistas foron de novo os rapaces e rapazas dos diferentes cursos e niveis, que mostraron unha vez máis a súa grande creatividade, motivación e ganas de traballar en equipo… Ben merece a pena unha visita polos corredores do noso colexio para observar as portas das diferentes aulas, decoradas coas creacións dos nosos alumnos/as. E por ningún motivo deixedes de achegarvos á biblioteca escolar e atravesar o fantasmagórico camposanto coas lápidas dos máis ilustres escritores… Mete medo. Esperemos que á dirección do noso centro non decida utilizar este maquiavélico espazo como aula de mellora. Máis nos vale portarnos ben… mais este comentario sobra, xa que o noso centro caracterízase polo bo clima de convivencia e pola calidade humana do noso alumnado. Estamos orgullosos de vós!