Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Dragal b>. Amosar todas as publicacións
DRAGÓNS E OUTROS ANIMAIS FANTÁSTICOS
05:42:00O alumnado de 2º da ESO elaborou na materia de Ciencias Sociais este interesante catálogo de animais fantásticos, un xeito de abordar de maneira interdisciplinar a lectura do libro "Dragal, a herdanza do dragón", de Elena Gallego Abad (Proxecto Dragal).
Os alumnos/as de 1º e 2º da ESO fixeron papel reciclado no laboratorio que logo se utilizou para expoñer os traballos sobre a Bioloxía de Dragal, co obxectivo de participar na conservación e mellora do medio natural aplicando os principios do reciclaxe e reutilización de materiais elaborados polo propio alumnado. Departamento CCNN. BIOLOXÍA DO DRAGAL A partires da lectura de “Dragal” os alumnos/as de 1º e 2º da ESO investigaron a forma que fixera posible que un dragón real puidera xenerar lume de xeito natural, inventando características, alimentación e reprodución, dentro dunha “lóxica” . Os traballos fixéronse dixitalmente e, impresos en transparencias, expúxeronse sobre papel reciclado previamente elaborado por eles. O obxectivo principal desta actividade é promover a creatividade do alumno a partir dos seus coñecementos xerais sobre a fisioloxía animal. Departamento de CCNN.
ENCONTRO FINAL DRAGAL EN PICO SACRO (BOQUEIXÓN)
03:53:00
O Pico Sacro, en Boqueixón, é un lugar máxico cargado de mitoloxía. Din as lendas xacobeas que o corpo do Apóstolo Santiago, antes de chegar a Compostela, tivo que sortear os enganos da Raíña Lupa e do dragón que se agochaba no Pico Sacro. Por iso se elixiu este espazo para celebrar a xuntanza final do Proxecto Dragal (venres 16 de outubro de 2015), no que participou o noso centro escolar o pasado curso académico 2015-2016.
Así que, uniformados e totalmente equipados con escudos e espadas, os rapaces de 2º e 3º da ESO acudiron á cita marcada o 16 de outubro de 2015, dispostos a loitar pola Fraternidade do Dragón. Neste caso a forza non era o importante, senón máis ben a estratexia, a lóxica, o traballo en equipo, a orientación e outras capacidades que ben tiveron a oportunidade de amosar o alumnado do noso centro…
Durante horas estivemos percorrendo pistas labirínticas do Pico Sacro, atopándonos por momentos con outros centros educativos e combatendo con ansia ate ir acadando as pedras preciosas que unha vez sumadas leváronnos ao primeiro posto deste xogo de rol. Non conseguimos máis premio que a satisfacción de facer as cousas o mellor posible e sentirnos vencedores da xornada, e ben contentos marchamos cos nosos diplomas debaixo do brazo. Realmente foi unha xornada moi divertida que deixará por moitos anos a lembranza nas nosas memorias!
Fomentar a lectura na escola e facelo en galego dun xeito atractivo para os adolescentes non é un reto doado, aínda que traballos literarios como a triloxía Dragal da escritora Elena Gallego Abad, pensada para un público xuvenil, están a facer máis fáciles as cousas. Así o pensan nos institutos que participan este ano no Encontro Dragal, un xogo de rol que na súa segunda convocatoria ven de reunir ás portas de Santiago a preto de catrocentos rapaces de Monfero, A Coruña, Becerreá, Verín e Vilagarcía de Arousa. Todos eles quedaron enredados nas historias que conta Gallego Abad, unha obra que tamén chamou a atención da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que puxo en marcha esta actividade coa colaboración do Concello de Boqueixón. A elección deste espazo ten moito que ver coa mitoloxía galega do dragón, xa que a lenda xacobea di que antes de que o corpo do Apóstolo Santiago chegase a Compostela tivo que sortear os enganos da Raíña Lupa e do dragón que se agochaba no Pico Sacro.
Facer un xogo de rol con estes vimbios foi doado. E tendo en conta o éxito do Encontro Dragal, a receita resultou de gusto dos estudantes. Proba diso foi que as lecturas da triloxía no curso pasado deron os seus froitos, coa rapazada vestida con traxes medievais e unha reprodución en viñetas das historias do Dragal para que o xogo estivese ben ambientado. Polos recunchos do Pico Sacro estaban agochados moitos cofres cheos de puntos de vida, necesarios para participar na competición e gañar bazas para a vitoria. Mentres cumprían co itinerario, os rapaces íanse atopando con personaxes da triloxía espallados por unha ruta programada por razóns de seguridade e de organización dos tempos. A maxia dos recunchos do Pico Sacro e as gañas de pasalo ben nun moi bo día para desfrutar das vistas fixeron o resto ata chegar á hora do xantar, feito para axudar a confraternización dos xogadores a base de produtos típicos.
E lembrando as mensaxes de que o importante é participar, todos eles recolleron un diploma por ter xogado en equipo, mentres os organizadores seguían a contar os puntos de vida recollidos polos rapaces, deixando para os vindeiros días a incógnita de cal foi o colexio gañador.
Pasaron xa catro meses desde que os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO do CPI Virxe da Cela visitaron o Pico Sacro, en Boqueixon, para participar na Xuntanza Final do Proxecto Dragal (venres 16 de outubro de 2015). Durante horas estivemos percorrendo pistas labirínticas do Pico Sacro, atopándonos por momentos con outros centros educativos e combatendo con ansia ate ir acadando as pedras preciosas que unha vez sumadas leváronnos ao primeiro posto deste xogo de rol.
Houbo un traballo previo moi importante no que o noso alumnado investiu moitas horas: a construción das espadas e escudos que representaron ao noso centro. Aproveitamos pois para facer unha exposición de todos estes obxectos construídos para a ocasión, que xunto coas imaxes tomadas no Pico Sacro axudaranvos a facervos unha idea do desenvolvemento da actividade, e seguro que algún/ha aproveita a ocasión para facer algunha “batalla campal” nos corredores da nosa escola!
Viva a Fraternidade do Dragón!!
PROXECTO DRAGAL
03:07:00DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN
ELENA GALLEGO ABAD
Se premedes nesta imaxe poderedes acceder á web oficial de Elena Gallego Abad
Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega. Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense Traxectoria. Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas. Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia e á Federación Internacional de Periodistas. Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010.
Obra literaria Narrativa
-Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais.
-Dragal II. A metamorfose do dragón, 2011, Xerais.
-Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012, Xerais.
Premios
-Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 2008, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense.
-Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón.
-Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.
LENDAS DA PONTE DO PORCO
En pleno século XXI, época na que os humanos pasamos grande parte das nosas vidas relacionándonos e interactuando con máquinas e dispositivos en lugar de facelo cos nosos iguais, César Cambeiro ensinou unha valiosísima lección ao alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela: a importancia de saber falar, comunicarse e dominar a arte das palabras.
Partindo da historia que se narra no libro Dragal I: a herdanza do dragón, escrito por Elena Gallego Abad e que constitúe o fío condutor do Proxecto Dragal (coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que participan diferentes departamentos), César Cambeiro mergullouse no fantástico mundo das lendas, da mitoloxía, dos seres fantásticos, das crenzas e supersticións, etc… Toda unha enciclopedia de saber, o noso patrimonio inmaterial, unha importante fonte de riqueza que debemos de valorar, respectar e axudar a transmitir para que siga viva nas vindeiras xeracións.
Un prato cociñado con moita retranca e humor galego e condimentado tamén con esencia poética, que puidemos saborear durante as dous sesións de tarde do xoves 16 de abril de 2015 nunha intensa actuación na que César Cambeiro puxo toda a carne no asador, e de que maneira…! A intensidade da actuación subía e baixaba como unha montaña rusa, e mesmo o público retorcíase a gargalladas para pasar, ipso facto, a un estado de sutil encantamento ollando sen palpebrar e escoitando con máxima atención os versos de amor de Roxín Roxal á súa amada Tereixa, protagonistas dunha fermosa lenda ambientada na Ponte do Porco, lugar onde o noso coñecido río Lambre únese á inmensidade da mar.



-Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.
En pleno século XXI, época na que os humanos pasamos grande parte das nosas vidas relacionándonos e interactuando con máquinas e dispositivos en lugar de facelo cos nosos iguais, César Cambeiro ensinou unha valiosísima lección ao alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela: a importancia de saber falar, comunicarse e dominar a arte das palabras.
Partindo da historia que se narra no libro Dragal I: a herdanza do dragón, escrito por Elena Gallego Abad e que constitúe o fío condutor do Proxecto Dragal (coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que participan diferentes departamentos), César Cambeiro mergullouse no fantástico mundo das lendas, da mitoloxía, dos seres fantásticos, das crenzas e supersticións, etc… Toda unha enciclopedia de saber, o noso patrimonio inmaterial, unha importante fonte de riqueza que debemos de valorar, respectar e axudar a transmitir para que siga viva nas vindeiras xeracións.
Un prato cociñado con moita retranca e humor galego e condimentado tamén con esencia poética, que puidemos saborear durante as dous sesións de tarde do xoves 16 de abril de 2015 nunha intensa actuación na que César Cambeiro puxo toda a carne no asador, e de que maneira…! A intensidade da actuación subía e baixaba como unha montaña rusa, e mesmo o público retorcíase a gargalladas para pasar, ipso facto, a un estado de sutil encantamento ollando sen palpebrar e escoitando con máxima atención os versos de amor de Roxín Roxal á súa amada Tereixa, protagonistas dunha fermosa lenda ambientada na Ponte do Porco, lugar onde o noso coñecido río Lambre únese á inmensidade da mar.
PLANIFICACIÓN PROXECTO DRAGAL 3º TRIMESTRE
Na clase de Reli os alumnos e alumnas de 1º ESO realizamos unha pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro dá nosa contorna para comprender que ás lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa cultura, das nosas tradicións... Nelas descubrimos paisaxes, montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións dignas de ser oídas. A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario, en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.
Nesta viaxe achegámonos aos montes de Monfero, Eume, Aranga, Sobrado e Toques, para descubrir a riqueza arquitectónica e cultural que posuen.
A continuación tedes o traballo de investigación feito polos rapaces e rapazas de 1º da ESO.

























