Somos paisaxe, somos vida
Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.
Amosando publicacións coa etiqueta CPI VIRXE DA CELA: 6º curso ( 2014). Amosar todas as publicacións
Read On 0 comentarios

O rap das conxuncións

01:39:00
www.wordle.net
Zaira creou esta canción para aprender as conxuncións.

Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios

Contamos historias: Rebelión animal

12:12:00


 Facía un día moi malo. Chovía, o vento parecía enfadado e os toldos parecían estoupar. Así comeza o conto dos alumnos de 6º de Primaria onde eles poñen os efectos e a imaxinación.


Read On 0 comentarios

Contamos historias: A nena perdida (Verónica)

09:51:00

Unha música. Suxerencia. Cada cousa provoca en cada ser unha sensación ben distinta. Sensacións que se converten en palabras e que nun intre semellan ser his torias que conflúen nun universo paralelo. Dende a radio do CPI Virxe da Cela estas historias que parten do www.laboratorioderadio.com e dos rapaces de 5º de primaria.
Read On 0 comentarios

Somos periodistas: emisión radiofónica VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014

03:57:00

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/alumnos-cpi-virxe-da-cela-monfero-realizan-programa-radio-solidario/20140421002227082721.html
                                   www.diariodeferrol.com (Pica na imaxe para ver a noticia)


A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade. Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, dentro das actuacións do proxecto "Sostenibilidade e paisaxe" entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar moitos froitos.

Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.





Read On 0 comentarios

O Mosteiro de Monfero para nós

07:22:00


Created with Padlet


A asociación "Amigos do Mosteiro de Monfero" invitounos a participar na I Exposición de debuxo "Pinta o teu Convento". Aquí tedes unha mostra dos traballos. 

Nós, aparte te propoñemos que deixes no muro a túa opinión, inquedanzas ou sentimentos sobre este ben patrimonial. É moi sinxelo, basta con picar dúas veces no mesmo.
Read On 0 comentarios

Exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”

07:05:00

A exposición “ O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)trasladou ao noso centro os problemas medioambientais máis importantes do noso planeta.
Read On 0 comentarios

Periodistas de Monfero: a entrevista

02:27:00
NICOLÁS e BORJA falan do xénero da ENTREVISTA.
Read On 0 comentarios

Periodistas de Monfero

03:38:00

Entrevista de David a Zito.

Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios

Quen é Borja?

02:49:00

Read On 0 comentarios
09:28:00
                                             www.radioitinerantecreativa.blogspot.com.es/


O noso taller de radio esta sendo unha experiencia estupenda. Agradecemos a Radio Itinerante Creativa
(Sergio Pascual e Lucia Abarrategui) o seu traballo e bo facer. 

Un bico de todos.

Picade na imaxe e escoitade a evolución desta experiencia. 
Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios

A nosa paisaxe

03:41:00
Ola, son Sara Otero e hoxe pola tarde fun de paseo. Meu pai e máis eu levamos a cámara de fotos o que fixo que nos fixaramos nos pequenos e grandes detalles da natureza que normalmente pasan desapercibidos.
Gozade con elas!!






Read On 0 comentarios

Quen é Zito?

02:19:00

Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios

Coñecernos

Cada vez somos máis


Followers

As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

Licencia creativecommons

Código QR

Código QR