Somos paisaxe, somos vida
Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.
Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións

CONCURSO ESCOLAR "EN BUSCA DA IGUALDADE"

06:37:00

O Parlamento de Galicia convocou a V edición do concurso escolar baixo a lenda "En busca da igualdade". A finalidade do concurso é fomentar, a través dos traballos propostos polos escolares, a defensa de valores tan importantes como a igualdade e a tolerancia, a necesidade de traballar para sensibilizarse, estimular actitudes e valores de igualdade, de solidariedade e de respecto. No noso centro os/as alumnos/as de 3º e 4º de ESO realizaron dous estupendos vídeos nos que reflicten como vivimos no noso centro todos eses valores. Desde aquí queremos dar as grazas aos rapaces e rapazas de 4º de primaria pola súa colaboración na elaboración do vídeo que realizaron as alumnas de 3º da ESO. Como unha imaxe vale máis que mil palabras... invitámosvos a que o vexades. Aquí vos quedan...
Read On 0 comentarios

O ROUBO DE PONTENOVA

12:33:00

Recomendamos a lectura deste interesante relato de Clara Brage, estudante de 5º de primaria. Ten todos os ingredientes para enganchar ao lector: un argumento interesante, unha boa dose de intriga, personaxes ben curiosos, unha trama que se vai desenmarañando pouco a pouco e un final sorprendente! Sabemos que tamén encandilou ao xurado do concurso literario "O Facho", resultando finalista do mesmo. Parabéns, Clara, por todo o teu talento e ánimo para continuar desenvolvendo a túa carreira de escritora!
Read On 0 comentarios

PREMIOS SAMAÍN 2015

02:37:00


Non foi nada doado tomar a decisión dos gañadores no concurso de portas de Halloween/Samain. O traballo do noso alumnado, a implicación, actitude positiva, compañeirismo, e ilusión puxéronnos  as cousas realmente complicadas.
Afortunadamente, a colaboración de Álvaro, o noso conserxe, María Xosé como representante do profesorado de Primaria, Marta coma representante do de Secundaria, Verónica, orientadora, e a inestimable participación de Nina e Diego, representando ao alumnado do centro, todos eles membros do tribunal avaliador, posibilitaron a toma de decisións.
E.... os gañadores foron.....


DE INFANTIL E PRIMARIA... Os alumnos e alumnas de 6º! Pola magnífica e creativa representación do duro camiño cara a temida ESO.

E, en Secundaria.... Os alumnos de 2º ESO! pola súa orixinalidade e minuciosidade no traballo...


A todos e cada un dos que participástedes cun sorriso, noraboa e agradecemento do profesorado.
Read On 0 comentarios

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO VI FESTIVAL DE CINE OUFF ESCOLA DE OURENSE

02:30:00

 Parabéns a todos aos alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º ESO que  fuchedes  parte principal na realización deste proxecto. 


Nesta edición do certamen   concurreron  124 traballos de centros de Enseñanza Primaria e Secundaria de toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense o luns  16 de Novembro de 2015.


O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar   a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.

O CPI Virxe da Cela entre os finalistas do VI Certame de Cinema OUFF Escola enmarcado dentro do festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).


Noraboa a todos e todas polo traballo realizado e aínda que non acadamos o premio final , xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí.



Read On 0 comentarios

Coñecernos

Cada vez somos máis


Followers

As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

Licencia creativecommons

Código QR

Código QR