Amosando publicacións coa etiqueta Innovación b>. Amosar todas as publicacións
I XORNADAS DE CONVIVENCIA ESCOLA-UNIVERSIDADE
07:43:00Esta semana finalizaron en Monfero as “I Xornadas de Convivencia Escola-Universidade”, organizadas polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Foi un espazo de encontro entre a comunidade educativa do CPI e os estudantes do primeiro curso do Grao en Educación Primaria da UDC, dirixido a promover o coñecemento mutuo e a fomentar o traballo colaborativo entre ambos os colectivos.
As xornadas desenvólvense ao longo de dous días (10 de novembro e 7 de decembro de 2015), nos que os estudantes universitarios desprazáronse ata Monfero para coñecer de primeira man os distintos proxectos educativos que se están levando a cabo desde o CPI Virxe da Cela.
Desta forma, en palabras de Helena Zapico, profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e unha das promotoras da iniciativa, “as futuras mestras e mestres, que veñen de iniciar a súa andaina formativa na UDC, interactuando coas cativas e cativos de Primaria, así como co profesorado do centro, participando directamente en distintos proxectos, tales como os obradoiros de Radio itinerante Creativa ou de Programación e pensamento computacional ".
Trátase de dúas das propostas pedagóxicas desenvolvidas durante este curso no CPI e que, segundo a directora do centro, Mª del Camiño Pereiro, permiten configurar a escola como unha comunidade de aprendizaxe, máxime cando nos atopamos nun ámbito rural, que necesita do coñecemento e a valoración da formación como vía de desenvolvemento persoal e social.”
Na primeira xornada, ademais de participar nos obradoiros e de crear micro-relatos de sensibilización ambiental para logo compartilos a través da radio, o alumnado universitario involucrouse, entre outras actividades, no desenvolvemento dunha mesa redonda sobre o tema “Educar en comunidade: máis aló do ámbito curricular", onde descubriron da man do profesorado e dos alumnos e alumnas do CPI novas formas de ensinar e aprender.
Os rapaces de 3º e 4º de primaria da Radio do CPI Virxe da Cela, reciben neste primeiro encontro Escola-Universidade a mestres en potencia; todos facendo radio en prol do medio ambiente. No espazo, tivemos a oportunidad de falar ca Directora do Estudos do Territorio, Inés Santé, que nos falou sobre o Premio a Paisaxe e Sustentabilidade que acadou o CPI Virxe da Cela
Ditas actuacións, reforzáronse co desenvolvemento da segunda xornada, onde o eixo central xiro ao redor de "A educación como aposta de futuro"; reflexión compartida onde alumnado, familias (representadas pola ANPA), profesorado e futuros docentes debateron sobre o modelo educativo actual e sobre os retos de futuro que debe afrontar.
Dentro desta liña, destacaremos as entrevistas realizadas no marco da xornadas ao docente Carlos García Pérez e a Inés Santé Riveira, directora do Instituto de Estudos do Territorio. Como vemos, o desenvolvemento destas xornadas é un paso máis no camiño da colaboración que iniciaron entre ambas institucións, pois como conta Helena Zapico, “a través de Nova Escola Galega e especialmente do seu grupo Cavila, fomos coñecendo algúns dous magníficos proxectos de innovación educativa que se ían desenvolvendo no Virxe da Cela, coma por exemplo ou Monfero solidario, Sustentabilidade e Paisaxe, E-Dixgal…
Foi así como comezamos a analizar estas iniciativas nas nosas aulas e mesmo o ano pasado convidamos ao cole a participar nunhas xornadas de Prácticum celebradas na nosa facultade, nas que o propio alumnado explicaba aos nosos estudantes de último ano de carreira como estaban a traballar no colexio e como crían que debía ser un bo docente. Pouco a pouco, vaise consolidando este contacto co CPI, ata que neste curso decidimos dar un paso máis, e velaquí estamos!”. Unha forma máis de dar a coñecer propostas educativas valiosas e de mellorar ademais a formación dos futuros profesionais da educación.
Prensa:
LA VOZ DE GALICIA
Estudiantes de la UDC trabajan con los alumnos del colegio de Monfero
PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA
06:58:00
Un día á semana durante o curso os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano consecutivo.
A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o programa GENIOS, tendo lugar a primeira das sesións impartidas polo instrutor Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos.
Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción.
Dado o éxito da experiencia, ampliámola a través do Club Genios, para trasladar a experiencia ao resto da Comunidade Educativa. Dentro dista iniciativa, hoxe (martes 23 de febreiro de 2016) fomos máis aló: as familias do alumnado acudiron as aulas para aprender con nós este fantástico mundo da programación. O alumnado actuou de docente, levando a cavo un obradoiro cooperativo de creatividade educativa, configurando a escola como unha comunidade de aprendizaxe. A experiencia, aportou complicidade, ilusión e a concepción da escola como un espazo compartido de aprendizaxe.
No noso país, máis de catro millóns de vivendas non dispoñen de acceso a Internet, o que implica que un 25% dos fogares españois están excluídos do universo dixital –o que nos sitúa na cola de Europa-. A brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro.
A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade.
Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.
En la prensa:
Diario de Ferrol
El pensamiento computacional desembarca en las aulas de Monfero: Dentro de su apuesta por la innovación y la vanguardia educativa, el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero se ha embarcado este curso en el proyecto Genios, desarrollado con la Fundación Ayuda en Acción y Google.org.





A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade.
Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.
En la prensa:
Diario de Ferrol
El pensamiento computacional desembarca en las aulas de Monfero: Dentro de su apuesta por la innovación y la vanguardia educativa, el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero se ha embarcado este curso en el proyecto Genios, desarrollado con la Fundación Ayuda en Acción y Google.org.
La Voz de Galicia:
Escolares de Monfero aprenden a programar a través de Genios
El colegio de Monfero implica a los padres en proyectos de innovación





CURSO DE SCRATCH PARA PROFES




