Amosando publicacións coa etiqueta CPI VIRXE DA CELA b>. Amosar todas as publicacións
Parroquia Ferraganchos
07:06:00Na actualidade un dos piares dos retos educativos actuais, que son apoiados por moitas investigacións e prácticas educativas, é a innovación. Dita innovación se debe asentar nas potencialidades e necesidades contextuais para que esta supoña un verdadeiro cambio na realidade educativa.
De aquí parte o conxunto de actuacións que aquí presentamos, dentro do programa Introdución á robótica en Ed. Primaria e que queren ser nexo de unión entre realidade, inclusión e equidade para acadar procesos educativos de calidade que sexan quen de satisfacer as necesidades e demandas dun contexto educativo concreto.
A través das mesmas, o alumnado coñece a súa realidade e é quen de intervir na mesma con capacidade de transformación e empregando para elo os recursos propios de medio e os que lles proporcionan as tecnoloxías da información e da comunicación. Estas últimas, ademais permiten que adquiran unha perspectiva global de mellora social. Empregalas para o aprendizaxe e o coñecemento supón crear coñecemento, pero tamén contar con capacidade para difundilo e para darlle valor. Todo isto dende a responsabilidade e a reflexión crítica do que podemos ser e o que queremos ser. Valores e competencias que axudan a crear comunidade.
Pero, como o fixemos?
Para comezar introducímonos no mundo da programación coa plataforma Scratch (1º trimestre) creando xogos serios. Moi sinxelos ao principio, que progresivamente, leváronnos a despregar os coñecementos necesarios para enfrontarnos ao traballo cooperativo de montar e programar os robots (2º e 3º trimestre).
Introducímonos no mundo da robótica aprendendo que é unha máquina autónoma programada. O seguinte paso é o ensamblaxe das diferentes pezas e compoñentes vendo a finalidade de cada unha facendo especial énfase na placa electrónica. Unha vez ensamblados os robots o seguinte paso é a acción libre, na que o alumnado investiga e manexa a máquina co programa que trae por defecto. Esta é a primeira toma de contacto para poder ter unha idea inicial e xeral do funcionamento dos diferentes sensores que integran a máquina.
Nos asentamos entón, na interacción e o xogo para aprender. En la segunda secuencia de actuacións, a través das propostas incluídas do material da convocatoria e outras propostas dende os grupos cooperativos (de catro discentes) .se observa primeiramente que temos que ser quen de establecer a finalidade da acción do obxecto tecnolóxico, para posteriormente coñecer as peculiaridades e características do entorno de programación en forma de traballo por equipos seguindo a secuencia: deseño, asunción de roles, codificación dos algoritmos, entre outros.
Finalmente, expoñemos na aula, familias e comunidade os resultados obtidos.
Sobre todo este proxecto supuxo unha nova forma de ver e entender a tecnoloxía, non so como un mero recurso senón, como unha fórmula para crear coñecemento autónomo, cooperativo e real. Tamén, para achegar a comunidade educativa unha perspectiva da evolución social próxima a realidade e con perspectiva, cada vez maior, de ser parte fundamental do futuro.
Como punto final a tanta actividade participamos na SteamLab compartindo experiencias. Xenial!!!!
PREMIOS SAMAÍN 2015
02:37:00Non foi nada doado tomar a decisión dos gañadores no concurso de portas de Halloween/Samain. O traballo do noso alumnado, a implicación, actitude positiva, compañeirismo, e ilusión puxéronnos as cousas realmente complicadas.
Afortunadamente, a colaboración de Álvaro, o noso conserxe, María Xosé como representante do profesorado de Primaria, Marta coma representante do de Secundaria, Verónica, orientadora, e a inestimable participación de Nina e Diego, representando ao alumnado do centro, todos eles membros do tribunal avaliador, posibilitaron a toma de decisións.
E.... os gañadores foron.....
DE INFANTIL E PRIMARIA... Os alumnos e alumnas de 6º! Pola magnífica e creativa representación do duro camiño cara a temida ESO.
E, en Secundaria.... Os alumnos de 2º ESO! pola súa orixinalidade e minuciosidade no traballo...
A todos e cada un dos que participástedes cun sorriso, noraboa e agradecemento do profesorado.
GALA DE ENTREGA DE PREMIOS DO VI FESTIVAL DE CINE OUFF ESCOLA DE OURENSE
02:30:00
Parabéns a todos aos alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º ESO que fuchedes parte principal na realización deste proxecto.
Nesta edición do certamen concurreron 124 traballos de centros de Enseñanza Primaria e Secundaria de toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense o luns 16 de Novembro de 2015.
O OUFF escola, é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.
O CPI Virxe da Cela entre os finalistas do VI Certame de Cinema OUFF Escola enmarcado dentro do festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
Noraboa a todos e todas polo traballo realizado e aínda que non acadamos o premio final , xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí.






A Educación cambia o mundo
02:22:00
O 10 de decembro celebrouse o Día dos Dereitos Humanos, e para conmemorar esta data tan importante os alumnos e alumnas da ESO realizaron unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de infantil e primaria.
A través do conto “Antón, o neno que non quería ir á escola”, descubrimos á importancia do Dereito á Educación, o que supón non saber ler nin escribir e a sorte que temos de poder ter uns mestres e mestras que nos ensinan tantas cousas. Tamén nos axuda a comprender que debemos aproveitar a oportunidade que temos de ir á escola e esforzármonos por aprender para ter un futuro mellor, non como Antón, o protagonista do noso conto, que non tiña ningún interese en aprender ata que descubríu o importante que era saber ler.
Hoxe en día a pesar de que o dereito á educación está ampliamente recoñecido en numerosas Convencións e Tratados Internacionales, hay 57 millóns de nenos e nenas en todo o mundo que non van á escola e outros tantos reciben unha educación discontinua ou deficiente.
Nós temos garantido este dereito, en outros países non o teñen. Aproveitemos a oportunidade que temos de poder aprender e denunciemos ao mesmo tempo o incumplimento do Dereito á Educación que se está a dar en tantas partes do mundo.
E para rematar a actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha pequena semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de cuidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.

E para rematar a actividade os rapaces e rapazas da ESO agasallaron a cada unha das aulas cunha pequena semente que simboliza á Educación, e explicaron aos nenos/as que esta semente, despois de cuidala e abonala, dará o seu froito, como o fará a educación que recibamos cada un de nós.


Aquí vos deixamos o conto de Antón, o neno que non quería ir á escola.
Dar as grazas as alumnas de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa (Ana Martínez, Mayolla Martínez, Paola Toribio, Alba Teijeiro e Lara Rey) que foron as que crearon e ilustraron o conto de Antón e o compartiron con nós. O CPI Virxe da Cela e o CPI Conde de Fenosa colaboran no intercambio de materiais, recursos e actividades, así como na realización de actividades dinamizadoras.
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
03:27:00


O 23 de abril de 1616 foi data do falecemento de dúas grandes figuras da literatura mundial: o español Miguel de Cervantes e o británico William Shakespeare. Esta data foi elixidas para celebrar o Día Internacional do Libro, unha conmemoración internacional promovida pola UNESCO desde o ano 1995. Tamén se supón o 23 de abril como o día da morte de San Xurxo (no ano 303), un santo que foi moi venerado na idade media como un símbolo do triunfo do ben sobre o mal. Existen moitas lendas que asocian a San Xurxo montado sobre un cabalo branco e dando morte a un dragón.
O CPI Virxe da Cela quixo sumarse a esta conmemoración levando a cabo un acto simbólico o pasado xoves 23 de abril de 2015, convocando a todo o alumnado e profesorado do centro para facer a entrega de premios de diplomas do “Concurso de dragóns” (organizado polo departamento de plástica en relación ao proxecto Dragal, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega) e uns fermosos marcapáxinas cun lema que potencia a lectura e unha representación de San Xurxo.
OBRADOIRO BANDA DESEÑADA: Iván Suárez
03:16:00

Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron nun obradoiro de banda deseñada impartido polo debuxante Iván Suárez, que se levou a cabo o pasado xoves 30 de abril de 2015, enmarcado dentro da materia Proxecto Interdisciplinar. Iván Suárez explicou con todo detalle cada unha das etapas do proceso creativo, tomando como referencia a súa propia obra Titoán, premio Castelao de Banda Deseñada 2011 pola Deputación de A Coruña, un interesante proxecto dedicado á figura de Castelao.
Aprendimos que a banda deseñada é unha arte ideal para transmitir historias, tal como o fai a arte cinematográfica, e para iso é moi importante desde un principio traballar cun guión, elaborar numerosos bocetos e probas, pensar na psicoloxía dos personaxes, utilizar diferentes tipos de planos axeitados ás diferentes situacións que se queren narrar, etc. Tras toda esa serie de explicacións teóricas pasamos á practica: coller lapis, papel, tesoiras e pegamento e comezar a dar vida a monigotes co rostro baleiro… Un simple sorriso, un aceno, unha mirada… pode ser indicativo dun estado psicolóxico, crear tensións, comunicar un sentimento. E paso a paso, viñeta a viñeta, secuencia a secuencia seremos que de contar unha historia. Os resultados os veremos próximamente!!!
PROXECTO DRAGAL
03:07:00DRAGAL I: A HERDANZA DO DRAGÓN
ELENA GALLEGO ABAD
Se premedes nesta imaxe poderedes acceder á web oficial de Elena Gallego Abad
Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega. Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense Traxectoria. Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas. Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia e á Federación Internacional de Periodistas. Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010.
Obra literaria Narrativa
-Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais.
-Dragal II. A metamorfose do dragón, 2011, Xerais.
-Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012, Xerais.
Premios
-Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 2008, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense.
-Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón.
-Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.
LENDAS DA PONTE DO PORCO
En pleno século XXI, época na que os humanos pasamos grande parte das nosas vidas relacionándonos e interactuando con máquinas e dispositivos en lugar de facelo cos nosos iguais, César Cambeiro ensinou unha valiosísima lección ao alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela: a importancia de saber falar, comunicarse e dominar a arte das palabras.
Partindo da historia que se narra no libro Dragal I: a herdanza do dragón, escrito por Elena Gallego Abad e que constitúe o fío condutor do Proxecto Dragal (coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que participan diferentes departamentos), César Cambeiro mergullouse no fantástico mundo das lendas, da mitoloxía, dos seres fantásticos, das crenzas e supersticións, etc… Toda unha enciclopedia de saber, o noso patrimonio inmaterial, unha importante fonte de riqueza que debemos de valorar, respectar e axudar a transmitir para que siga viva nas vindeiras xeracións.
Un prato cociñado con moita retranca e humor galego e condimentado tamén con esencia poética, que puidemos saborear durante as dous sesións de tarde do xoves 16 de abril de 2015 nunha intensa actuación na que César Cambeiro puxo toda a carne no asador, e de que maneira…! A intensidade da actuación subía e baixaba como unha montaña rusa, e mesmo o público retorcíase a gargalladas para pasar, ipso facto, a un estado de sutil encantamento ollando sen palpebrar e escoitando con máxima atención os versos de amor de Roxín Roxal á súa amada Tereixa, protagonistas dunha fermosa lenda ambientada na Ponte do Porco, lugar onde o noso coñecido río Lambre únese á inmensidade da mar.



-Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.
En pleno século XXI, época na que os humanos pasamos grande parte das nosas vidas relacionándonos e interactuando con máquinas e dispositivos en lugar de facelo cos nosos iguais, César Cambeiro ensinou unha valiosísima lección ao alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela: a importancia de saber falar, comunicarse e dominar a arte das palabras.
Partindo da historia que se narra no libro Dragal I: a herdanza do dragón, escrito por Elena Gallego Abad e que constitúe o fío condutor do Proxecto Dragal (coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística e no que participan diferentes departamentos), César Cambeiro mergullouse no fantástico mundo das lendas, da mitoloxía, dos seres fantásticos, das crenzas e supersticións, etc… Toda unha enciclopedia de saber, o noso patrimonio inmaterial, unha importante fonte de riqueza que debemos de valorar, respectar e axudar a transmitir para que siga viva nas vindeiras xeracións.
Un prato cociñado con moita retranca e humor galego e condimentado tamén con esencia poética, que puidemos saborear durante as dous sesións de tarde do xoves 16 de abril de 2015 nunha intensa actuación na que César Cambeiro puxo toda a carne no asador, e de que maneira…! A intensidade da actuación subía e baixaba como unha montaña rusa, e mesmo o público retorcíase a gargalladas para pasar, ipso facto, a un estado de sutil encantamento ollando sen palpebrar e escoitando con máxima atención os versos de amor de Roxín Roxal á súa amada Tereixa, protagonistas dunha fermosa lenda ambientada na Ponte do Porco, lugar onde o noso coñecido río Lambre únese á inmensidade da mar.
PLANIFICACIÓN PROXECTO DRAGAL 3º TRIMESTRE
Na clase de Reli os alumnos e alumnas de 1º ESO realizamos unha pequena viaxe a unha parte do pasado milagreiro dá nosa contorna para comprender que ás lendas, os mitos, os contos... son tamén unha pista da nosa cultura, das nosas tradicións... Nelas descubrimos paisaxes, montañas, vales...emprendemos unha viaxe que nos perde no tempo para encontrarnos cos nosos antepasados, con deuses case esquecidos, con santos, heroes, ritos sorprendentes, narracións dignas de ser oídas. A nosa tradición é a nosa historia, e a nosa historia é parte importante de nós. Todos os pobos parten nos seus inicios, dunha historia que é mais lenda que verdadeira testemuña fiel, pero non por iso esta deixa de ser menos valida, mais ben todo o contrario, en canto un pobo toma como propio un mito ou unha lenda, pasa a integrar a súa realidade e configurar parte da súa historia.
Nesta viaxe achegámonos aos montes de Monfero, Eume, Aranga, Sobrado e Toques, para descubrir a riqueza arquitectónica e cultural que posuen.
A continuación tedes o traballo de investigación feito polos rapaces e rapazas de 1º da ESO.
Certame “Elixe o teu dragón”
01:20:00
Read On
0
comentarios
Toca investigar e celebrar o Entroido na nosa comarca.
Festa en post da tradición e da cultura intimamente relacionada cos usos e costumes relacionados co medio natural.
Queres gozar desta viaxe?






















