Ademais descubrimos o libro " O Antroido nas Mariñas dos Condes" de Xosé Raimundo Núñez Lendoiro,
Amosando publicacións coa etiqueta Usos e costumes: as festas b>. Amosar todas as publicacións
ALGO TERRIBLE OCORRE NO CPI VIRXE DA CELA...
02:46:00
Este curso, con motivo do Samaín/Halloween, o alumnado do centro convertiu cada rincón, cada espazo.... nun horror... co obxecto de gañar un concurso no que se lles fará entrega dun recoñecemento escalofriante.
Nos corredores voan as pantasmas, na biblioteca resucitan aos mortos... Qué máis pode ocorrer?
O xoves 29, dous maquivélicos tribunais avaliadores valorarán qué grupos serán os gañadores de tan dura batalla forxada con esqueletos, teas de araña, morcegos, cabazas, bruxas....
Parabéns á nosa orientadora Verónica Del Río, quen foi quen de mobilizar a todo o CPI Virxe da Cela para celebrar o Samaín máis terrorífico na historia da nosa escola… Non queremos esquecer, por suposto, toda a colaboración ofrecida desde o Departamento de Plástica, así como dos titores/ras, xa que sen o seu apoio esta proposta non tería a magnitude que chegou a alcanzar. Mais, os auténticos protagonistas foron de novo os rapaces e rapazas dos diferentes cursos e niveis, que mostraron unha vez máis a súa grande creatividade, motivación e ganas de traballar en equipo… Ben merece a pena unha visita polos corredores do noso colexio para observar as portas das diferentes aulas, decoradas coas creacións dos nosos alumnos/as. E por ningún motivo deixedes de achegarvos á biblioteca escolar e atravesar o fantasmagórico camposanto coas lápidas dos máis ilustres escritores… Mete medo. Esperemos que á dirección do noso centro non decida utilizar este maquiavélico espazo como aula de mellora. Máis nos vale portarnos ben… mais este comentario sobra, xa que o noso centro caracterízase polo bo clima de convivencia e pola calidade humana do noso alumnado. Estamos orgullosos de vós!

XIV Volta Ciclista á Provincia de A Coruña
02:19:00.
A Deputación da Coruña organiza a XIV Volta Ciclista á Provincia, que este ano se celebrará os días 15, 16 e 17 de maio con saída dende o concello de Monfero. Precisamente alí foi onde o presidente provincial presentou a competición, no colexio Virxe da Cela, para animar aos rapaces a que participen nas actividades complementarias que levará esta proba polos concellos.
Este ano a Volta chegou a 21 concellos da Coruña, Ferrolterra, Eume e Ortegal. En concreto, o pelotón pasou por Monfero, Irixoa, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas, Vilarmaior, Mañón, Ortigueira, As Somozas, As Pontes, Cedeira e o último día a saída e final foi en Valdoviño, pero o pelotón tamén pasou por San Sadurniño, Neda, Ferrol, Narón, Moeche, Cerdido, Cariño e Cedeira.
Os responsables de explicar o traxecto foron os ciclistas profesionais Ezequiel Mosquera e Gustavo César Veloso que advertiron de que “eran as etapas máis duras dos últimos anos” e despois responderon ás preguntas dos estudantes.
Na presentación tamén estivo a vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Deportes, Mariel Padín, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o alcalde deste e outros municipios da zona.
O rexedor, Benjamín Rodríguez, agradeceu que a Volta saíse este ano do seu concello e animou aos rapaces a “facer deporte e compaxinalo cos estudios”. Pola súa banda, Muñiz agradeceu a “aposta” da Deputación nos últimos anos co ciclismo, unha modalidade “que cada vez atrae a máis xente. “É un deporte de élite gratis”, sinalou o portavoz da federación.

En cada etapa, a Deputación en colaboración co Club Cambre Caeiro, organizou actividades infantís nos concellos sede co obxectivo de promover este deporte entre os máis novos.
Entre elas está a celebrada no noso centro educativo, foi todo un éxito de participación, As familias trouxeron as bicicletas de rapaces e rapazas, que xunto coa estupenda organización do Club Cambre Caeiro pasamos unha xornada para lembrar, na que deporte e convivencia pedalearon polo deporte.
Grazas a todos!
Por último, destacar que Pedro Merino
(Froiz) logrou a vitoria final da Volta. Merino pertence ao Grupo Deportivo Super Froiz, que xa conseguiu oito vitorias
anteriores nesta competición.
01:20:00
Read On
0
comentarios
Toca investigar e celebrar o Entroido na nosa comarca.
Festa en post da tradición e da cultura intimamente relacionada cos usos e costumes relacionados co medio natural.
Queres gozar desta viaxe?