Somos paisaxe, somos vida
Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.
Amosando publicacións coa etiqueta Usos e costumes. Amosar todas as publicacións

ENTROIDO 2016

06:17:00

Read On 0 comentarios

DICIONARIO PLURILINGÜE DAS FRAGAS DO EUME

05:18:00

Lucía Rielo, a profe de inglés de EI e EP, vén de realizar un interesantísimo traballo co seu alumnado de 3º e 4º de EP na propia materia de inglés: un dicionario que recolle o nome das árbores e da fauna máis comúns da contorna das Fragas do Eume.

 Cada termo exprésase en galego, castelán e inglés amais de acompañarse por unha imaxe identificativa. Como punto de partida preguntóuselle aos rapaces e rapazas que elementos coñecían da natureza das Fragas e a partires daquí iniciose a investigación. 
 Posteriormente cada alumno encargouse da procura de dous termos. Unha vez atopados, tiveron que cubrir unha plantilla: nomes nos distintos idiomas e imaxes. 

Con esta actividade tan divertida e interesante os alumnos e alumnas poderán identificar a flora e a fauna da zona a la par que avanzarán no coñecemento tanto das nosas línguas oficias como dunha lingua estranxeira.
Read On 0 comentarios

VISITA AO MUÍÑO DE CALAZA

13:57:00

O 26 de febreiro de 2015 fomos coñecer un muíño que está perto do colexio e que foi restaurado recentemente polos seus donos: o muíño de Calaza. Xuntámonos no cruce do Xestal con Constantino, un veciño, e con Magdalena, nai de Laura de sexto de primaria. 

  Sen saír do punto de encontro, Constantino contounos cómo cambiou o Xestal. Antes era unha aldea na que se podía vivir sen saír dela en todo o ano. A agricultura e a gandeiría proporcionaban unha economía de subsistencia para todas as familias, e non faltaban artesáns que producían o necesario para os seus veciños: costureiras, zoqueiros, ferradores, cesteiros, había médico, veterinario…, áta había un salón no que se reunía a xuventude os fins de semana para botar uns bailes. Pouco a pouco, como en toda Galicia, a xuventude foi marchando en busca dun futuro mellor, ou iso pensaban, quedando moitas casas baleiras. Na súa cara poidemos observar como botaba en falta a vida que nun tempo rebulía na zona. 

    De camiño ó muíño, descubrimos o mal adaptados que estamos xa ó noso entorno e comprendimos a Constantino cando nos falaba dos traballos que pasaban de pequenos acompañando o gando ó monte…, nos xa non sabíamos andar polo medio dos toxos. No medio do camiño descubrimos unhas colmeas que Constantino foi visitar. Algúns dos rapaces intentaron seguilo e aprendemos que as abellas non deben ser molestadas, algo que por experiencia sabían os nosos acompañantes maiores por estar máis en contacto coa natureza.      Unha vez rematadas as explicacións do funcionamento e postos os nomes a cada peza do muíño, dispuxémonos a saír, non sen antes pedirlles ós nosos guías unha foto para a posterioridade, ó tempo que agradecíamos as súas explicacións. Unha sorpresa nos agardaba aínda. Agochado detrás da porta atópase o burro, unha especie de guindastre que servía para que unha soa persoa poidera quitar as moas do muíño e arranxalas para que moeran mellor. Foi difícil marchar de alí. Os nosos guías eran un pozo sin fondo de sabiduría e xenerosidade. O estar con eles comprobamos o dito africano: Fai falta un pobo para educar a un neno. Adeus, Manuel. 
Recollemos a túa invitación a disfrutar noutro momento do teu muiño. Moitas grazas pola túa acollida e sinxeleza. E moitas grazas tamén por restaurar e poñer a disposición de todo aquel que queira a túa propiedade. 


     Chegados ó muíño fomos recibidos por Manuel de Calaza e o seu fillo Germán… E xa empezaron as sorpresas. Esa ponte sobre a que estamos colocados, está formada sobre unha única pedra de pizarra que Manuel axudou a levar no seu momento. Con atención seguimos as explicacións de Manuel, que nos explicou o que era a maquía, unha forma de pago ó muiñeiro que consistía en dar parte da fariña que se sacaba do gran. Tamén nos demos conta do valor da “palabra”. Os clientes deixaban o saco á porta do muíño aínda que non estivera o muiñeiro e recollía a fariña ó día seguinte, tamén sen necesidade de que estivera o muiñeiro. Manuel explícanos como decidiu arranxar o muíño, poñelo de novo en pé despois de que o tempo sen uso o deixara sen teito, sen portas… Na súa cara pódese observar a ilusión de compartir cos veciños a súa propiedade, e non só cos veciños, senón con calquera que queira pasar un día de lecer baixo cuberta e rodeado de natureza. Por fin chegou o momento de ver se a restauración chegaba tamén ó mecanismo do muíño. Vimos como a forza motriz da auga, cun respecto absoluto pola natureza, era capaz de triturar o gran. Nese momento fomos conscientes de como debía ulir aquel lugar nos seus mellores momentos, xa que un lene olor era despedido polas moas ou pedras do muíño. 



Read On 0 comentarios

CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE

04:01:00
      Imaxinemos a vida na Galicia rural de fai décadas, cando todo era choiva, frío, escuridade e as xentes quedaban pola noite á carón do lume a contar historias de medo, escoitando de lonxe os aullidos dos lobos e o vagar da Santa Comapaña. Felipe Díaz, coñecido artísticamente como "Catoxo", evocounos eses tempos antergos, na sesión de contacontos “Cando petan na porta pola noite” ( un título moi evocador tomado do libro de relatos de Xavier P. Docampo editado por primeira vez en 1994), dirixida ao alumnado da ESO e realizada o pasado martes 6 de outubro de 2015. 
    E…que mellor que contar os nosos medos e fobias para ir abrindo a sesión? Falamos da aracnofobia, agorafobia, bibliofobia, claustrofobia e outros tipos de fobias ou medos que nos poden chegar a paralizar. Fixemos un percorrido pola xeografía galega para encadrar as historias de Xavier P. Docampo, visitando desde a Terra Chá ate espazos moito más próximos á nosa contorna, como a Serra da Loba, Cambás e Aranga. Precisamente nesta zona transcorre o conto de “A loba”, unha historia de amor entre Silvestre e Isaura cun tráxico final. E quedamos sen saber o final do conto “O cumpremortes”, así que agora toca descubrilo a través das páxinas do libro. Cataxo arrincou gargalladas entre o público coa súa espontaneidade, a riqueza da súa fala e o seu estilo peculiar, mais algunhas risiñas nerviosas foron conta do medo…


Read On 0 comentarios

FACENDO XABÓNS SOLIDARIOS

01:23:00
XABÓNS SOLIDARIOS Esta iniciativa realízase por segundo ano consecutivo no CPI Virxe da Cela, dirixida por Mª José Fandiño, a profe de CCNN, que convirte o laboratorio nun espazo para a investigación e anima aos alumnos da ESO a vestir de bata branca e facer experimentos que terán un produto final. Neste caso a fabricación de xabóns "solidarios". Este sobrenome de "solidarios" ten que ver coa súa finalidade: foron vendidos na conmemoración de San Valentín (febreiro 2014) e no VI Rastro Solidario (abril 2014), e os cartos recadados serán destinados para unha causa solidaria. 

Foi un proceso interesante, lúdico, que queremos compartir convosco a través deste vídeo. Temos a obriga de resaltar o potencial xornalístico de Adrián (3º ESO), que ten un dominio total e absoluto do micrófono, e retrasmitiu en vivo e directo todo o proceso, facendo comentarios, traducións simultánea, cuñas publicitarias, etc...

Read On 0 comentarios

Tal como eramos, tal como somos

12:34:00

               As festas con amigos e familia son inesquecibles.... Hoxe é  día de lucir vestidos e zapatos.

Read On 0 comentarios

Tal como eramos, tal como somos

12:10:00

                                                Os animais sempre presentes...
Read On 0 comentarios

Tal como eramos, tal como somos

12:01:00

                                                    Lecer, festa, gastronomía....



Read On 0 comentarios

Tal como eramos, tal como somos

12:00:00

                                       O medio natural, fonte de recursos e  ledicia ......
Read On 0 comentarios
Read On 0 comentarios

Coñecernos

Cada vez somos máis


Followers

As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

Licencia creativecommons

Código QR

Código QR