Amosando publicacións coa etiqueta Educación para o desenvolvemento b>. Amosar todas as publicacións
8 MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
09:44:00
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nueva York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Distintos movementos sucedéronse a partir desta data. O 5 de marzo de 1908, Nueva York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos.
Durante esta folga morreron máis dun centenar de mulleres na fábrica de Sirtwoot Cotto, nun incendio atribuído ao dono da fábrica como resposta á folga. En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional das Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca), máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente celébrase como o Día Internacional da Muller.
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
09:19:00
4. comic malala from satelite1
4. comic malala from satelite1
DÍA DA PAZ: O TEU ENIMIGO





EXPOSICIÓN DE LIBROS E PELÍCULAS SOBRE A PAZ
CHARLA SOBRE O HOLOCAUSTO
En maio de 2008 un grupiño de estudantes do colexio CPEB Carlos Bousorio (Boal, Asturias), acompañados pola súa profesora Conchi Sanfiz Fernández, visitaron o campo de concentración nazi de Mauthausen nunha actividade encadrada nun interesantísimo proxecto de investigación.
Tiveron a oportunidade de asistir á Conmemoración Internacional da liberación do campo de Mauthausen (a liberación aconteceu o 5 de maio de 1945), e vivir este emotivo momento ao carón de varios superviventes españois que ano tras ano se dirixen a esta cidade austríaca para honrar ás vítimas do Holocausto. Estímase que neste campo morreron máis de 120.000 persoas, 7.000 delas deportados de nacionalidade española.
Nas palabras de José, un dos alumnos que realizou esta viaxe,
“Os deportados son parte dunha Historia viva que necesitamos coñecer para que o noso presente sexa moito mellor e para que eses erros que se cometeron no pasado nunca máis se volvan a repetir. Non debemos deixar caer no esquecemento as súas valiosas testemuñas”.
Importante labor que está levando a cabo Conchi Sanfiz, que actualmente imparte docencia no colexio de Guitiriz e que amablemente aceptou a invitación da nosa orientadora, Verónica del Río, para vir ao noso centro a transmitir a súas vivencias nun día moi especial, o venres 29 de xaneiro de 2016, como acto conmemorativo do Día da Paz. Todos os alí presentes escoitamos en absoluto silencio e co corazón encollido as súas palabras e observamos con respecto as imaxes mostradas na proxección, recoñecendo a crueldade á que é capaz de chegar o ser humano e prometendo manter viva a memoria de milleiros de vítimas inocentes para que estas atrocidades non se volvan a repetir na Historia.
Iria holocausto from satelite1
CAMPAÑA GLORR 2015
07:26:00
Estamos aínda aterrizando neste inicio de novo curso académico 2015-2016 e podemos comprobar que a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela segue a participar activamente en todas e cada unha das campañas desenvolvidas no noso centro educativo. Nesta ocasión unímonos de novo á proposta da organización Glorr, con quen xa colaboramos en anos anteriores recollendo roupa e calzado usado.
A fase inicial, a de sensibilización, foi levada a cabo polo alumnado de 2º da ESO, visitando as aulas do colexio, repartindo bolsas para esta operación e cartas informativas ás familias co obxectivo de fomentar a implicación dos rapaces/zas e profesores/as. Para nós o importante é abrir os ollos e decatarnos de que existen grandes desigualdades sociais e que na actualidade moitas familias están atravesando unha situación crítica, e ser conscientes de que dun día para outro a nosa situación de confort e benestar pode dar un xiro de 180 graos.
Temos por tanto que reaccionar e facer aínda que sexa un pequeno xesto, e unindo forzas tratar de cambiar esta situación. Durante varias semanas numerosas bolsas de roupa fóronse apilando na entrada da nosa escola, e finalmente os operarios de Glorr achegáronse ao noso centro para recoller nunha furgoneta todas estas prendas de roupa e calzado que farán chegar a outras persoas máis necesitadas.
Grazas de novo pola vosa colaboración. Monferosolidario
PROXECTO "GENIOS" NO CPI VIRXE DA CELA
06:58:00
Un día á semana durante o curso os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria do noso centro mergullaranse no mundo das tecnoloxías a través dun convenio de colaboración entre a Fundación Ayuda e Acción e o CPI Virxe da Cela que se firmou por terceiro ano consecutivo.
A mañá do mércores 7 de outubro inaugurouse o programa GENIOS, tendo lugar a primeira das sesións impartidas polo instrutor Yon Penas, centrada nesta ocasión no programa Scratch e baseada na metodoloxía de Jóvenes Inventores. A través do manexo deste programa os nenos e nenas aprenderán non so os fundamentos básicos da programación informática, senón a desenvolver a súas capacidades creativas, relacionarse dun xeito construtivo coa tecnoloxía e o traballo por proxectos.
Esta interesante iniciativa axudará ao noso alumnado a reflexionar sobre os valores relacionados coa convivencia, a resolución de conflitos a respecto, a diversidade, a cooperación, un dos obxectivos fundamentais de Ayuda en Acción.
Dado o éxito da experiencia, ampliámola a través do Club Genios, para trasladar a experiencia ao resto da Comunidade Educativa. Dentro dista iniciativa, hoxe (martes 23 de febreiro de 2016) fomos máis aló: as familias do alumnado acudiron as aulas para aprender con nós este fantástico mundo da programación. O alumnado actuou de docente, levando a cavo un obradoiro cooperativo de creatividade educativa, configurando a escola como unha comunidade de aprendizaxe. A experiencia, aportou complicidade, ilusión e a concepción da escola como un espazo compartido de aprendizaxe.
No noso país, máis de catro millóns de vivendas non dispoñen de acceso a Internet, o que implica que un 25% dos fogares españois están excluídos do universo dixital –o que nos sitúa na cola de Europa-. A brecha dixital reflicte a desigualdade de acceso ao coñecemento e ás novas tecnoloxías, e implica o risco de exclusión de quen queda fora desa innovación e, en definitiva, do futuro.
A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade.
Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.
En la prensa:
Diario de Ferrol
El pensamiento computacional desembarca en las aulas de Monfero: Dentro de su apuesta por la innovación y la vanguardia educativa, el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero se ha embarcado este curso en el proyecto Genios, desarrollado con la Fundación Ayuda en Acción y Google.org.





A educación en tecnoloxía desde a infancia é un catalizador de igualdade de oportunidades, esencial para o desenvolvemento social e económico da sociedade.
Neste contexto, Ayuda en Acción en colaboración con Google.org, lanza o proxecto GENIOS, que proporcionará a máis de 5000 nenos e nenas de máis de 30 centros escolares (entre eles o CPI Virxe da Cela, Monfero) as ferramentas e os medios para acceder á tecnoloxía e ao coñecemento.
En la prensa:
Diario de Ferrol
El pensamiento computacional desembarca en las aulas de Monfero: Dentro de su apuesta por la innovación y la vanguardia educativa, el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero se ha embarcado este curso en el proyecto Genios, desarrollado con la Fundación Ayuda en Acción y Google.org.
La Voz de Galicia:
Escolares de Monfero aprenden a programar a través de Genios
El colegio de Monfero implica a los padres en proyectos de innovación





CURSO DE SCRATCH PARA PROFES


