Somos paisaxe, somos vida
Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.

CAMIÑO DE SANTIAGO



Queremos recomendar a visita a esta fabulosa exposición sobre o Camiño de Santiago. Está situada no segundo andar do edificio de secundaria, xunto diante da aula de informática. Neste espazo coidadosamente acondicionado e “tuneado” poderedes atopar un inmenso mapa que ilustra o itinerario do Camiño Francés por terras do norte da península, destacando os diferentes puntos de interese relixioso-artístico, así como unha mesa con gran cantidade e variedade de materiais explicativos (libros, folletos, revistas, etc). Incluso poderedes facer máis real a vosa “inmersión” polo Camiño de Santiago probando unha auténtica capa de peregrino, así como outros "accesorios": o sombreiro, o bastón ou báculo, a cuncha de vieira, a cabaza. Animádesvos?? Queremos dar os máis sinceros parabéns a Teresa Losada, profesora de CCSS na ESO, promotora desta iniciativa, e tamén a Yolanda Castro, profesora de Relixión na ESO, que tamén puxo o seu esforzo e interese, aportando diferentes materiais expostos e axudando á montaxe da exposición, para levar a cabo este proxecto.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Grazas pola túa opinión e por visitarnos.

Coñecernos

Cada vez somos máis


Followers

As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

Licencia creativecommons

Código QR

Código QR