No transcurso da actividade, o escritor vigués desvelou algunhas das claves do proceso de creación literaria e respondeu ás cuestións dos cativos e cativas da ESO sobre estas obras da súa autoría. Tamén tivo ocasión de visionar unhas curtametraxes elaboradas no colexio e inspiradas nos seus relatos. Francisco Castro declarou estar impresionado por esta iniciativa dos alumnos e felicitounos polo traballo desenvolvido a prol da promoción da lectura.
Finalmente, foi obsequiado cun pequeno volume editado no centro con composicións literarias e ilustracións feitas polos nenos de Irixoa e Monfero como homenaxe a “O neno can”
BOOK TRAILERS 2015-2016
Publicar un comentario
Grazas pola túa opinión e por visitarnos.