Somos paisaxe, somos vida
Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.

PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL: PREVENCIÓN RISCOS INTERNET

O venres 1 de abril de 2016 recimimos á visita da Garda Civil para impartir unha charla de "Prevención de riscos en Internet". Non é a primeira vez que se realiza esta actividade no noso centro, xa que ano tras ano a Garda Civil a través deste Plan Director pretende responder de maneira coordinada e eficaz ás cuestións relacionadas coa seguridade de menores e xóvenes na escola e na súa contorna, fortalecendo a cooperación policial coas autoridades educativas nas súas actuacións para mellorar a convivencia e a seguridade no ámbito escolar. A charla estructurouse en tres quendas: para 3º ciclo de primaria, para 1º ciclo da ESO e para 2º ciclo da ESO. Seguindo unha presentación en power point fóronse expoñendo os principais riscos asociados ás novas tecnoloxías e máis concretamente ao uso das redes sociais, e para recapacitar sobre toda a información suministrada fíxose o visionado de varios vídeos que puxeron de manifesto o peligro que entraña o uso das redes sociais, algo ao que estamos moi habituados e utilizamos sin ser conscientes das súas consecuencias.
0 comentarios:

Publicar un comentario

Grazas pola túa opinión e por visitarnos.

Coñecernos

Cada vez somos máis


Followers

As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

Licencia creativecommons

Código QR

Código QR