Somos paisaxe, somos vida
Blog de difusión patrimonial da comarca das Fragas do Eume e espazo de colaboración entra a Comunidade Educativa do CPI Virxe da Cela de Monfero. Nel ademais de recopiar imaxes, queremos convertelo nun espazo de memoria e valoración da vagaxe identitaria da comarca.

MAGOSTO



Outono. Os días van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse baixo un teito ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No noso colexio, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o acabe deixando no esquecemento.

Quixemos pois dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben queridas cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha pila de xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como podedes observar nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación infantil e educación primaria gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os xogos, non por sofisticados e tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e amenos, e que un simple lote de castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns globos, dan para pasar un par de horas do máis divertido!!!

Utilizamos como “pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e lembramos a nosa profe de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a cabo a iniciativa de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar permanentemente algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc, 

0 comentarios:

Publicar un comentario

Grazas pola túa opinión e por visitarnos.

Coñecernos

Cada vez somos máis


Followers

As imaxes deste blog proceden das aportacións dos seús colaboradores e do esforzo e traballo de alumnado, familias e profesorado de CPI Virxe da Cela de Monfero, en ningún momento se pretende asumir a autoría das mesmas. Si algúnha persoa moléstase pola súa aparición nas imaxes o pola autoria, non ten máis que poñerse en contacto con nós e serán retiradas de inmediato

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

CPI VIRXE DA CELA (MONFERO)

Licencia creativecommons

Código QR

Código QR