Amosando publicacións coa etiqueta No rural vives o natural b>. Amosar todas as publicacións
NO RURAL VIVES O NATURAL
09:54:00CHARA DE MULLERES DO RURAL
PLENO NO CONCELLO DE IRIXOA
En dito pleno presentamoas una moción de apoio ó rural en todas as súas vertentes (sociedade, cultura, economía …) que, acompañada dunha campaña de difusión das súas potencialidades, pretende facer visible ó conxunto da sociedade unha forma de vida singular e propia que non ten por qué desaparecer da nosa Comunidade, xa que foi a base da sociedade actual.
Ademais expuxéronse as problemáticas máis urxentes: despoboamento, avellentamento, falla de recursos e infraestruturas, ou a crise tanto do sector agrícola como do gandeiro, facendo fincapé na perda de poder adquisitivo das xentes que vivimos ó seu redor.
Dita moción foi aprobada por unanimidade.
A mesma proposta tamén se trasladará no seu momento ó concello de Monfero.
Os encargados de formular a proposta (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria) forman parte da Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, que constituíu dito alumnado o pasado 8 de abril como fórmula para aglutinar as actuacións que se desenvolven no centro en prol dunha revalorización das formas de vida do rural e, o mesmo tempo fomentar a participación nas mesmas do resto da comunidade educativa e do tecido social da comarca.
Ademais, as mesmas formaran parte dunha campaña de difusión automática dos valores e potencialidades do rural baixo o título “NO RURAL VIVES O NATURAL”. Dita campaña, contará cun soporte físico publicitario, e tamén será difundida a través de medios dixitais para ampliar o seu ámbito de acción.
Entre as temáticas que tratará a campaña están a valoración do patrimonio natural, histórico, artístico, lingüístico, cultural, etnográfico e social entre outros a través de exemplos cotías das formas de desenvolvemento das súas xentes.
En definitiva, cremos nun mundo rural vivo, no que partindo das súas potencialidades e dunha valoración positiva da súa idiosincrasia sexa quen de acadar un crecemento sostible e a valoración e o respecto da súa singularidade patrimonial (medio natural, lingua, costumes, usos, formas de desenvolvemento entre outros) para ser quen de transformar as suas potencialidades en motor económico, social e cultural.
Por último, estas iniciativas desenvolvense ó abeiro do proxecto “Móvete” da Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado e do Plan Proxecta na modalidade “Paisaxe e Sustentabilidade ”do Instituto de Estudos do Territorio.
Prensa:
DIARIO DE FERROL
MONFERO- Los escolares se asocian en defensa de la vida en el rural: Lo rural se lleva. Lo dicen los expertos que en los últimos años han constatado un creciente movimiento migratorio de la ciudad al campo en busca de una nueva vida.
