Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela participaron nun obradoiro de banda deseñada impartido polo debuxante Iván Suárez, que se levou a cabo o pasado xoves 30 de abril de 2015, enmarcado dentro da materia Proxecto Interdisciplinar. Iván Suárez explicou con todo detalle cada unha das etapas do proceso creativo, tomando como referencia a súa propia obra Titoán, premio Castelao de Banda Deseñada 2011 pola Deputación de A Coruña, un interesante proxecto dedicado á figura de Castelao.
Aprendimos que a banda deseñada é unha arte ideal para transmitir historias, tal como o fai a arte cinematográfica, e para iso é moi importante desde un principio traballar cun guión, elaborar numerosos bocetos e probas, pensar na psicoloxía dos personaxes, utilizar diferentes tipos de planos axeitados ás diferentes situacións que se queren narrar, etc. Tras toda esa serie de explicacións teóricas pasamos á practica: coller lapis, papel, tesoiras e pegamento e comezar a dar vida a monigotes co rostro baleiro… Un simple sorriso, un aceno, unha mirada… pode ser indicativo dun estado psicolóxico, crear tensións, comunicar un sentimento. E paso a paso, viñeta a viñeta, secuencia a secuencia seremos que de contar unha historia. Os resultados os veremos próximamente!!!
Publicar un comentario
Grazas pola túa opinión e por visitarnos.