www.diariodeferrol.com (Pica na imaxe para ver a noticia)
A celebración do VI Rastro Solidario e
Operación Quilo 2014 supón un día moi especial para o CPI Virxe da
Cela. O venres 11 de abril de 2014 o noso centro realizou unha xornada
de portas abertas, e ademais dos nenos e nenas, profesores e profesoras,
os corredores recibiron a visita de familias, que se achegaron á nosa
escola para participar activamente nesta actividade. Coincidindo coa
realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”, que se vén
desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de
febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO,
tivemos a idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición
do Rastro Solidario e Operación Quilo 2014.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, dentro das actuacións do proxecto "Sostenibilidade e paisaxe" entrevistaron a Belén e
Yoli, dúas das nais que viviron de cerca esta experiencia: dedicaron
parte do seu tempo axudando aos máis pequenos a elixir os obxectos e
realizar o troco de alimentos, axenciáronse a cámara de fotos para
documentar a actividade, e incluso unha delas aportou gran cantidade de
bisutería realizada artesanalmente utilizando as cápsulas de nespresso e
que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a visita de Mª José e
Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha entrevista
para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun
montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración
coa Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de
2013 vai dar moitos froitos.
Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.
Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.
Publicar un comentario
Grazas pola túa opinión e por visitarnos.